Musa Cafeína

Colectivo artístico-cultural que organizamos actividades relacionadas con el fomento de la lectura, la difusión del arte y la mezcla de diversas disciplinas artísticas.

III CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS MUSA CAFEÍNA & LITOGRAFA VIÑA “TRANSpalabr@RTE” (bases en galego)

mini009Co título xeral de TRANSpalabr@RTE, como todos os anos, Musa Cafeína quere celebrar o seu terceiro aniversario mesturando a palabra con música, teatro, artes plásticas… Entre as actividades que están programadas nesta celebración, Musa Cafeína e Litografía Viña convocan o III Concurso de Microrrelatos e Micropoemas co fin de fomentar a creatividade literaria.
O concurso comezará ás 0:00 horas do día 14 de maio de 2015 e rematará o 21 de xuño de 2015 ás 24:00h. O fallo farase público o 15 de xullo de 2015 nas páxinas web, Facebook e blogs de Musa Cafeína e de Litografía Viña.

Bases do concurso:
A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases. Polo que, o incumprimento dalgunha delas dará lugar á exclusión do participante do presente concurso.

Xeneralidades:

Poderá participar no concurso calquera persoa maior de 18 anos independentemente da súa nacionalidade e lugar de residencia.
Cada participante poderá presentar un máximo de 2 textos orixinais.
Os datos que faciliten os participantes para o seu rexistro deberán ser veraces. Calquera persoa que envíe datos incorrectos ou incompletos perderá o dereito a participar.

Tema e presentación de traballos:
O tema será libre, escrito en castelán, asturiano, catalán ou galego.
Os poemas ou relatos terán unha extensión máxima de 200 palabras (microrrelato) ou 10 versos (micropoema).

Os títulos dos textos presentados ao concurso non se contabilizarán como parte do relato ou poema.

O prazo de admisión dos textos comezará o día 14 de maio e finalizará o día 21 de xuño de 2015 (inclusive).

Todos os relatos e poemas deberán ser enviados en formato Word(Arial, 12 pto.) ao correo musacafeina@gmail.com.
No asunto da mensaxe especificarase: para TRANSpalabr@RTE 2015 e, entre paréntese (micropoema ou microrretalo, e o idioma no que están escritos).
No corpo do envío indicaranse os títulos dos textos que se presentan ao concurso, de novo clasificarase o xénero do texto e o idioma.
Ademais tamén será necesario que aparezan no corpo da mensaxe os seguintes datos de contacto dos autores ou autoras: nome e apelidos, DNI, idade, domicilio, teléfono e correo electrónico de contacto.
Non se valorarán aqueles traballos con faltas de ortografía ou expresións gramaticais incorrectas. Tampouco aqueles que conteñan insultos, expresións pexorativas, discriminatorias ou racistas, así como incitacións á violencia ou ameazas.

Os participantes responderán ante Musa Cafeína e Litografía Viña da autoría e orixinalidade do microrrelato ou micropoema cos que participasen no concurso, asumindo a total responsabilidade e deixando, polo tanto, a Musa Cafeína e Litografía Viña indemnes fronte a calquera reclamación que, neste sentido, puidesen efectuar terceiras persoas.
Os textos presentados deben ser obras que non fosen premiadas noutros concursos. Ademais deben estar libres de calquera compromiso editorial previo ou simultáneo*.

Composición e designación do Xurado:
O xurado estará formado por escritores, escritoras e outras persoas relacionadas coa arte designadas por Musa Cafeína e Litografía Viña.
A súa composición será feita pública a través do blog, o Facebook e a web de Musa Cafeína e Litografía Viña.
Toda decisión do xurado será irrevogable, podendo declarar o premio deserto se tras unha análise minuciosa dos microrrelatos ou micropoemas recibidos, ningún tivese a calidade suficiente.

O fallo do xurado enviarase por correo electrónico ás persoas gañadoras e finalistas e será difundido publicamente o 15 de xullo de 2015.

Premios:
Haberá un único premio en cada idioma para o Concurso de Microrrelatos e outro para o de Micropoemas.
O xurado valorará outorgar algún accésit se o considerase oportuno, sen que iso implique a publicación dos textos.
Os oito traballos premiados serán publicados nun libro de artista maquetado, ilustrado e editado por Litografía Viña e Musa Cafeína.
Os gañadores ou gañadoras obterán 2 exemplares do libro publicado.
Un mesmo autor ou autora só pode recibir un dos premios.
A primeira presentación do libro e entrega de premios celebrarase en Xixón no local de Litografía Viña. Tamén poderán realizarse presentacións noutras cidades de España se a organización o considera oportuno.
As persoas gañadoras do concurso comprométense a participar nas presentacións do libro que a organización así o estime oportuno. A data e a hora destas presentacións serán determinadas pola organización do concurso.

O autor ou autora gañadores cederán, temporal e gratuitamente a Musa Cafeína e a Litografía Viña os dereitos editoriais de reprodución, distribución, transformación, comunicación pública e calquera outros dereitos necesarios para a comercialización total ou parcial deste en calquera soporte e para todo o mundo. Tamén cederá a súa imaxe para a difusión e promoción do libro. Esta cesión durará o período máximo que a lei o permita.
Musa Cafeína e Litografía Viña exímense de toda responsabilidade polos danos que se puidesen derivar do uso incorrecto ou inadecuado dos microrrelatos e micropoemas presentados a concurso e publicados por parte de terceiros.

De conformidade coa Lei Orgánica 15/99, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolos de que os datos facilitados para a inscrición no Concurso de Microrrelatos e Micropoemas serán incorporados de forma temporal ao arquivo de Musa Cafeína e Litografía Viña co fin de xestionar e controlar a participación no devandito Concurso.

A organización terá potestade para resolver calquera imprevisto non recollido nestas bases.

En Xixón, a 14 de maio de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada fue publicada en mayo 18, 2015 por en Uncategorized y etiquetada con , , .
A %d blogueros les gusta esto: